Con isto contrapoño as dúas caras: a que pode ser dun turista, todo o que espera encontrar aquí, incluso nós mesmos, o que exprasamo á hora de describir Galicia, o que ronda pola nosa mente de maneira inconsciente, as primeiras imaxes, porqué non, un tanto idealizadas.
Por outra banda, está a realidade, o que de algunha maneira me avergoña, ou non me gusta, o que mancha e tiñe de traxedias esa Galicia tan fantástica, o que de algunha maneira rompe con ese canon galego, pero non de unha forma innovadora ou cunha nova perspectiva, senón que fan que caiga un poso máis de amargura.