domingo, 24 de febrero de 2013

As caras dunha moeda

Este vídeo é subxectivo, é dicir, as imaxes escollidas son segundo o meu criterio persoal, sobretodo a parte "nefasta" do vídeo.


Con isto contrapoño as dúas caras: a que pode ser dun turista, todo o que espera encontrar aquí, incluso nós mesmos, o que exprasamo á hora de describir Galicia, o que ronda pola nosa mente de maneira inconsciente, as primeiras imaxes, porqué non, un tanto idealizadas.
Por outra banda, está a realidade, o que de algunha maneira me avergoña, ou non me gusta, o que mancha e tiñe de traxedias esa Galicia tan fantástica, o que de algunha maneira rompe con ese canon galego, pero non de unha forma innovadora ou cunha nova perspectiva, senón que fan que caiga un poso máis de amargura.



video


sábado, 16 de febrero de 2013

Ferrol "se vende"- "se alquila"


Estamos acostumados (lóxica e inevitablemente) a percibir as cousas máis destacables que caracterizan un sitio dunha forma puramente física, en canto ás primeriras impresións se refire. Exemplo disto é cando vamos de viaxe e nos preguntan acerca de como era o sitio visitado, describimos, pero sempre dende unha perspectiva exterior, visual.

O encariñamento, a ligazón, os recordos, as experiencias... Convirten o escenario visual, paisaxístico que perciben os nosos ollos, cara unha mirada subxectiva.

O subxectivismo soe estar infravalorado ou despreciado, sen embargo a esencia dos lugares ás veces só se consegue acadar coa intromisión das emocións cando votamos unha ollada ás súas calles, xentes, edificios e paisaxes. 

Creo que cada lugar emana unha esencia.
Permítome o luxo de cambiar o nome de cidade por "caso", "asunto", "cuestión"... Ferrol.
Ferrol e os seus ferrolanos, ou dito de outro modo: cidade e circunstancias; problema e causantes. Tanto dá. Sabemos do que estamos a falar, vós o sodes e eu tamén, ¿ao noso pesar? Sí, moitas veces sí. 
Pero ¿porqué?, ¿onde está a explicación do inexistente orgullo en mezcolanza coa nostalxia reprimida e tristeza imperante?
A necesidade de escapar, a alegría de saír deste foso.
Somos un resignados, uns estoicos: aceptamos a nosa desdicha, a nosa morte progresiva, lenta e dolorosa; pero por outra banda non nos gusta oír falar do noso declive, e como reacción dámoslle a razón ao noso interlocutor aportando aínda máis oscuridade sobre a nosa cidade... ¿Cidade? Pobo.

Poderíamos recurrir a datos numéricos, estadísticas, factores xeográficos, socioeconómicos, culturales, Narón como cidade competidora, concentración dos centro comerciais, abandono del servicio militar y en consecuencia menor índice de poboación... Sí, esto é o que levamos dicindo xa dende hai tempo.

 Nós, o podemos ver no noso entorno máis cercano, acaso cando estamos a pasear polas calles, non sentides unha desolación terrible? Cál é a nosa reacción cando abre un comercio novo? O noso primer sentimiento é un mal augurio do tempo que logrará estar en activo, a compaixón polo pequeno empresario, vítima do terrible Ferrol.

A presenza de guiris é incomprensible para nós, non si? Que pode haber aquí atractivo para eles? 
Estamos contaminados polo noso propio veneno, sen falar do noso horario, sí, existe un horario do ferrolano común: todas as mañás de 7:00 a 9:00, a partir das 20:30 días semanais e tódolos domingos, parece que non está permitido saír á rúa, é a cidade fantasma, terra de nadie.

É triste, sábemolo, pero o máis curioso é a zozobra interior que nos invade pero impasible ante os demáis ollos. Ollos foráneos que miran con incredulidade, con extrañeza, ante esta actitude xeneralizada.
A nosa pel está tatuada, "manchada" con esta cidade.
Claro está, todo isto é a descripción de uns sentimentos e actitudes en xeral, por suposto hay excepcións de opinións, pero o feito de que se denomine como "excepcional", xa é alarmante.
Ferrol "se vende", Ferrol "se alquila" , pero quen o vende e alquila? NÓS
Cidade recuberta por carteis de abandono, anuncian metafóricamente o nosa desidia ante esta situación.
Letreros que representan y anuncian la muerte total comercial, a cara fea da moneda.



Todo este retrato psicogeográfico da nosa cidade en realidade non é máis que un exemplo de toda Galicia, da Galicia morta, baixo esa aparente e tópica tranquilidade que parece que sempre nos envolve, pode estar a morte, a agonía da nosa terra. O letargo inxenuo.

Pode que estemos cansos desta tranquilidade.


video


Con este clip, pretendo mostrar tan só un dos síntomas do proceso da morte ferrolana.
En menos dunha hora, nun paseo matinal de sábado e sen moito esforzo, puiden sacar todas estas fotos de locais abandoados, esperando ser ocupados algún día. 
E que ás veces, nin nos fixamos no tráxico do cotidiano.