domingo, 20 de enero de 2013

Tamén hai música para os "rebeldes"

Todo movemento humano foi acompañado da música, das artes, entre tantos feitos históricos, mártires e opresión, temos cancións que o contan, non todo esta na Wikipedia
As letras son o importante, algunhas reivindican, outras lamentan o noso pasado, cantan, animan á loita aos abusos, tamén buscan a nosa identidade.
Sobra dicir que todos son grupos galegos.





As feridas cicatrizan, fisicamente xa non che doen, pero sempre quedan marcas na túa pel e no teu corazón
A  memoria da Historia que lle pasou á xente do noso pobo, moito mais alá dos libros...
Queda tempo de esperanza,  terra colectivizada que mercar en igualdade en compromiso popular, queda tempo de vitoria e buscar un mundo máis xusto e forma de repartir... Afogaron a revolución, agora resistencia guerrileira plantando cara ao inimigo... Foron milleiros de almas que non debemos esquencer
40 anos de escuridade, despois chegou a democracia... Os asesinos seguen a deber o sentimiento dun pobo ferido e torturado, que segue aumentando por máis que digan que aquilo foi cousa do pasado, aínda sentimos a dor





Somos herdeiros dunha ditadura cultural, fomos as vítimas dun ataque brutal... ¡Contra o noso!
A lingua mantivémola calándolle o cacique,
Non jodas con “Arteijo, Rianjo, Sanjenjo, Vivero, La Guardia, Órdenes, Boymuerto,
Puertosín, Puertoson..”







E non me importa o que poidan dicir eles que vaian apañar chapapote, que ensinen os papeles que me veñan co conto outra vez nas eleccións nunca máis, NUNCA MÁIS eses cabróns entrarán na miña terra na busca de votacións 

Asfaltame a eira a cambio do meu voto comprame con axudas que xa me pertencian 
fai un trato conmigo, di que eres o meu amigo prometeme esa subvención que nunca verá o meu ombligo 






Soy un hombre muy honrado, soy un hombre muy trabajador... 12 horas día a día trabajando como un cabrón... Robar al militar, robar a Jesucrito, pero a mi dejadme en paz... Robar al falangista...Dejad al pueblo.... Robar al presidente
Corre ven a casa que te van a desahuciar 




Buratos na terra cheos de ósos e caveiras, buratos na carne, de escopetas e pistolas, buratos na alma cheos de odio e miseria... Buratos no tempo de olvidos e defuntos. 

Fagamos memoria, fagamos camiño facendo memoria … 

Buratos de medo, de verdugos e vencidos, buratos de sangue, de bandeiras e asasinos, buratos na historia, son buratos na lembranza, buratos escuros, cicatrices que non curan. 

Buratos profundos de inxustizas e feridas... Son buratos ocultos de verdades e mentiras, que viven de alentos esquecidos. 
Buratos tapiados que non deixan ver futuros.






Distancia esa é a verba da nosa tristeza exacta esa é a marca que nos marca nas lembranzas, a dura cruz que nos cargamos nas espaldas

Hoxe torna o mundo muda doutra cor, anos e lembranzas non hai nada que explique, bágoas en distancia, barcos de promesas, soños e retornos... o mundo agora é noso.

Eu sinto a cada nai a quen lle falta o seu fillo, cada silencio, cada bágoa é un suspiro...Por cada irmán que se enfrentou ó seu destino, co corazón na maleta e a cabeza nos seus fillos


O mundo é noso: por cada irmán que non chegou ó seu destino, por cada pai que non voltou ver os seus fillos, somos as mans que neste mundo construímos
Quixéronnos enterrar mais nós saímos.    



Esta canción dálle música a un poema de Rosalía, denunciando a súa realidade e penurias.

Aqueles que ten fama de honrados na vila
roubaronme tanta brancura que eu tiña
boratome estrume nas galas de un dia
a roupa de cote puñeroma en tiras

Nin pedra deixaron onde eu vivira
sin lar, sin abrigo, morei nas curtilas
o raco cas lebres durmin nas campias
meus fillos... meus anxos...
que tanto eu queria

morreron morreron ca fame que tiñan!

Quedei deshonrrada murcharonme a vida
fixeronme un leido de toxos e silvas
i en tanto os raposos de sangue maldita
tranquilos nun leito de rosas dormian

Quedei deshonrrada murcharonme a vida
fixeronme un leido de toxos e silvas
i en tanto os raposos de sangue maldita
tranquilos nun leito de rosas dormian

Salvademe ou, xueces berrei... Toleria!
de min se mofaron, vendeume a xustiza
bon Dios, axudaime, berrei, berrei inda
tan alto que estaba, bon Dios non me oira.

Entonces, cal loba doente ou ferida
dun salto con rabia pillei a fouciña
rondei paseniño... nen as herbas sentian
i a lua escondiase i a fera dormia
(Cos seus compañeiros en cama mullida.)

Mireinos con calma, i as mans estendidas
Dun golpe dun soio deixeinos sen vida
i o lado contenta senteime das vitimas
tranquila esperando o alba do dia

I entonces... entonces cumpriuse a xustiza
eu neles i as leises na mas que os ferira










sábado, 19 de enero de 2013

Mártires polo mundo

MÁRTIRES DE CANS

Ou ben "mortos de Nebra" son os 5 labregos mortos por tiros da Garda Civil, o 12 de outubro de 1916, debido á participación coa Liga Agraria de Nebra, institución que loitaba contra un imposto que crían inxusto.
Os acontecementos comezan coa reunión dos "debedores", veciños que se negaran a pagar unhas cotas trimestrais que o concello impuxera para facer fronte a unha débeda coa Deputación.
O 2 de abril acórdase levar a cabo unha manifestación, co fin de conseguir a dimisión da corporación municipal.
Ao día seguinte, os veciños agolpáronse frente ao concello, onde estaban as portas pechadas, polo tanto botaron por debaixo da porta o escrito coas súas reivindicacións.
Durante a concentración presentáronse tres parellas da Garda Civil, que cargaron contra os manifestantes.
 Finalmente foron detidas cinco persoas que días despois ingresaron en prisión.
Nos seguintes meses o clima de descontento crecía na vila. O número de axentes da Garda Civil incrementouse, para protección do alcalde.
Pola presión social e manifestacións organizadas, o xuíz decidiu liberalos.
O 12 de outubro convócase outra manifestación, e tras unha serie de altercados de non acordo entre os Gardas Civís e os labregos.
Os Gardas, tiñan a orde de non disparar, máis non fixeron caso, son 30 os feridos, entre eles morren 5.


Escultura en honor aos mártires. Autor: Nogueira



Monumento en honor aos mártires




















MÁRTIRES DE SOBRADO




Tras o proceso desamortizador dos bens eclesiásticos, parte das terras foron subastados publicamente, que foron adquiridas por persoas de gran poder adquisitivo: altos funcionarios, fidalgos... Polo tanto o campesiñado seguía sometido sen que as terras que traballaban fosen deles.
En reacción a isto, xurden movementos agrarios, protagonizadas por veciños.
Exemplo disto é o acontecido en Sobrado-Guillarei, o 27 de novembro de 1922, cando o xuíz e a Garda Civil queren embargar os bens a un dos veciños que non paga os foros.
 Case dúas mil persoas acuden en solidaridade co embargado e a Garda Civil disolve a manifestación a tiros. Cándida Rodríguez, de Pazos de Reis, Joaquín Estévez, de Guillarei, e Venancio González, dirixente agrario de San Esteban de Budiño, morren e outras sete persoas resultaron feridas e moitas detidas.
Prodúcese un gran revuelo en Galicia tanto na rúa  coma nos medios de comunicación, mesmo no Congreso do Deputados en Madrid abrese un debate acerca do sistema foral.
É ainda en 1926, co goberno de Primo de Rivera, cando se promulga a  lei de redencion dos foros, logrando que  os campesiños teñan plena propiedade das terras que viñan cultivando dende había séculos.

Monumento en honor aos mártires.








 MÁRTIRES DE CARRAL

Durante o reinado de Isabel II, e Narváez o presidente do Goberno, e tras a abolición dunha serie de liberdades e dereitos, o 2 de abril de 1846 levantouse en Lugo o batallón mandado polo coronel Miguel Solís, disolvendo o Consello Provincial e a Deputación.
Como resposta, Narváez, envía tropas para frear o alzamento e recuperar o territorio.
O 23 de abril comeza  a batalla de Cacheiras, se embargo a gran superioridade das tropas do goberno fixo inútil a resistencia. 
Solís, coronel ao mando dos sublevados, refuxiouse en San Martiño Pinario, pero entregouse esa mesma tarde.
 Foi xulgado tres días despois en Carral, coa pena de condena xunto cos seus compañeiros.
O seu fusilamento prodúcese no adro da igrexa de Paleo.


Monumento en honor aos mártires













Tumba de Solís

domingo, 13 de enero de 2013

Ferrol no 72


A maioría das veces, e por error, a única vía de coñecemento que se nos impón e presenta, son os libros, documentales, vídeos... Pero que o seu contido ou ideas que intentan transmitir non chegan a afectarnos, polo tanto, non o retemos, non o recordamos.
Creo, ou polo menos no meu caso, que as experiencias, o que vivimos, é o que nos fai aprender, e máis concretamente, unha persoa vale máis que miles de imaxes ou palabras (tan só ás veces).
Isto, non é máis que a presentación para unha persona, que sendo eu pequena e inconsciente de quén era, das súas circunstancias... Me embaucaba como profesor, de 5º y 6º de primaria.
As súas clases eran pura cultura, do máis diverso, e que en cierto modo, voto de menos no instituto. Falta de personalidade nas clases.
Pouco a pouco fun descubrindo que o meu  profe, non só nos ensinaba os versos de Juan Ramón Jiménez, sénón que tamén era unha persoa fóra do colexio, coas súas ideas e loitas.
Pasados uns cantos anos, agora, podo presentar esta historia contada por él mesmo.


No vídeo, pódese ver o testimonio dunha persoa inmersa naquel proceso.
Fai pouco tiven a ocasión de falar con él acerca do acontecido
Agora, pasados os anos, sácanse as conclusións:



 ¿Valeron de algo as mortes de Daniel Niebla e Amador Rey, é dicir, de non ser de esta maneira, a movilización chegaría a ser o que foi?  

 As mortes de  Amador e Daniel forman parte do tráxico saldo dunha dictadura, tras unha guerra civil provocada por un golpe de estado de carácter fascista. Os mortos, durante e despois da guerra, xa durante a "paz", superaron o millón. A Amador e Daniel motounos o réxime franquista, o mesmo que encarcelou e torturou durante case medio século ós demócratas de este país que loitaban polos dereitos humanos máis elementais.

¿Todo isto tivo un efecto inmediato ou máis ben tardío?

 A Constitución Democrática, trala morte do dictador en 1975, aprobouse en 1978. Supoñía un paso de xigante e un compromiso de superación e perfeccionamiento. Hoxe estamos comprobando as súas carencias.

 ¿Participache na dita manifestación, ese 10 de marzo? ¿Qué clima se respiraba? 

 O 10 de marzo eu acababa de salir de comisaría o día anterior, tras dous detencións sucesivas. Volvería a ser detido tralo 10 de marzo e enviado a prisión, durante nove meses, acusado de asociación ilícita e propaganda ilegal .
 Ese día Ferrol entero convertiuse nunha cidade morta. Nadie esperaba semellante crime; pero iso unha ditadura e non outra cousa. O réximen aproveitou para deter e encarcear a tódalas forzas democráticas que se lle oponían: estudiantes, sacerdotes, movemientos feministas, sindicalistas…


¿Cómo era Ferrol do 72?

A  loita polas libedades democráticas, a cuxo frente estaban entón o PC e as  CCOO, aglutinaba a sectores cada vez máis amplos da poboación. Vivíase entre o miedo á represión e a esperanza do trunfo da Democracia. Tratábase dun país sen liberdades nin dereitos que non se resignaba nin aá explotación nin á mordaza.


¿Cómo foi a  túa relación coa realidade franquista, é dicir, qué foi o que che levou a non "someterte" ou "conformarte", con esa realidade?

Todo planteameento teórico demanda unha praxis. Se eres demócrata e no hay democracia senón dictadura, haberá que loitar por conseguila uníndote aos outros loitadores. Eu uninme ao Partido Comunista porque eran a vangarda do antifranquismo.


¿Quen ao teu parecer, foi  a figura máis destacable neste proceso e suceso?

Nunha loita como ésta o Pobo é o protagonista. Citar nomes acaba por convertirse en inxusto e inexacto. Prefiro pensar en "Fuenteovejuna" e o seu  "todos a una" que citar a uns e omitir a outros.

¿De qué maneira che afectou o que pasou?

A miña militancia no PC creo que me axudou a descubrir os valores da solidaridade e da organización como mellor defensa frente á opresión.