domingo, 14 de abril de 2013

O tempo non pasa en balde


É curioso, que con elementos da nosa vida cotiá se conte tamén a Historia. Por exemplo agora mesmo, esa camiseta que levas posta, a televisión que estás vendo, os programas, o tipo de humor, as noticias, incluso a paisaxe que miras, nuns anos terán valor histórico, serán contados a xeracións futuras, o estilo de vida.
Por iso, eu escollo un elemento do máis común: os coches, sí, a través deles pretendo contar a súa historia interna, é dicir, a miña historia, a da miña familia; e a historia exterior, é dicir, qué pasaba en España, en Galicia, mentres meus pais e gran parte de españois circulaban con ese coche nos anos 70, 80, 90... Etc.


 MINI (anos 1973-1976):  a historia comeza cando un mozo decide ir á festa da Concha porque sorteaban un coche, un mini. Cánto o deseaba. A sorte quixo que o seu boleto saíse gañador, sen embargo tamén se levaría a unha moza, a miña nai, xa que lle parecía que era un rapaz "moi xeitoso". En pouco tempo casarían e o mini seguiría con eles. 
Mentres tanto entre festas na Concha con voda incluída, en España se cociñaba un proceso ben coñecido por todos: a transición.
Facíanse patentes a incompetencia tanto física como mental de Franco, acusado de párkinson.
A comezos do ano 1975 a súa salud se complica, falecendo o 20 de novembro.
Inmediatamente se proclama a Juan Carlos como rei.
Pero e en Galicia? Qué pasa? Dáse o avance democrático en toda España, pero aquí retómanse asuntos aparcados dende a guerra civil. Resucítase o galeguismo. Créanse partidos: Unión Democrática e Izquierda Democrática, que formarían o Partido Popular Gallego, UCD, Partido Gallego Independiente.
Estos avances políticos tamén se plasmaron na promulgación de decretos a favor da lingua, un pulo á literatura, vólvese a publicar en galego.



Simca 1200 (anos 1976- 1985):  Miña nai imponse, está farta de que gran parte dos seus soldos se gasten en recambios e pezas importadas para o mini debido ao fanatismo do mei pai. Lle obriga a vendelo. Compran o simca 1200 no ano 76.
Ano moi recente despois da morte de Franco, séguese co proceso de transición, e co proceso galeguista. 
No año 1976 alíanse as forzas de izquerdas galeguistas: el Consejo de Fuerzas Polñiticas Galegas, formado por UPG, el PSG, el PGSD, los carlistas y el Movimiento Comunista de Galicia. Pilar importante e que sigue vixente nos noso días é a creación do Bloque Nacionalista Galego no ano 1978.
Tamén no 1978, ten cabida a Constitución española, recollendo os novos fundamentos dunha etapa democrática. A repercusión para Galicia é que que se acepta un proxecto de autonomía, recóllese o dereito de utilización do galego en coexistencia co castelán.
É no ano 1981 cando por fin se acepta o Estatuto de Autonomía, coa previa reunion da Asamblea de Parlamentarios gallegos constituída por partes dos partidos anteriormente citados e creados a raíz do fin do franquismo.
Tamén é no 1981 cando se pronuncias as coñecidas palabras de Fernando Tejero no seu 23-F: "Que se sienten coño". Peligro dunha novata demoracia.
Todo moi político, moi factual, moi en sí, sen embargo eu creo que o despertar do aletargamiento, está no terrible movemento cultural, do que sairían inspiracións modernizadoras: a movida viguesa. Ao mesmo tempo, en na capital, prodúcese a movida madrileña, con Alaska e os seus pegamoides, a Antonio Vega aínda vivo xunto con Nach Pop, Radio Futura, Los secretos, etc, etc, etc...
Pero e os galegos? Que escoitaban? O fenómeno iníciase no ano 1977... 78 , aproximadamente, como resposta a un certo escepticismo, con crises económicas, cun vacío cultural a punto de explosionar.
Grupos como Aerolíneas Federales, Golpes Bajos, o archicoñecido Siniestro Total...
Ford Fiesta 1985- 1993: e de repente a familia había crecido, con tres nenos, meus pais deciden apretarse o cinto e comprar un coche novo. Apostan por un modelo "novedoso", deixando de lado o Simca.
Podemos ver xa unha cadena nas nosas televisións de temática e lingua galega, nace Luar (xa).
O galeguismo segue patente co crecimiento de escaños no Parlamento: Coalición Galega consegue 11, sen embargo fronte ó Bloque Nacionalista Galego, que escala posicións da manos de Beiras, encontrarase en retroceso.
A crise bancaria anteriormente vivida tendo como características o aumento de morsidad, o aumento de interés nos depósitos e polo tanto unha menor sovencia dos bancos e caixas, é agora a medidados dos 80 entrando xa na década dos 90, cando comeza a repuntar a economía.
Ano 1990, é elixido presidente de Galcia, con isto inaugurará unha continua presenza neste cargo ata o 2002, 12 anos no poder.
Una mancha en la historia de Galicia, se da durante estos años: Operación Nécora, la mayor redada del narcotráfico de Galicia y posiblemnte de España.
Fue un proceso en cadena que comenzó con la detención de "El Bongo" por la posesión de 4 toneladas de cocaína. Otros descubriemientos como un barco pirata procedente de Colombia, averigüando que los cárteles colombianos de droga tenía como destino Galicia, también muchos importantes empresarios que blanqueaban su dinero a través de sus empresas. El juez al cargo de esta operación, fue Baltasar Garzón.



Fiat 600 (ano 1980):  Debido a que meu pai precisaba dun coche para ir traballar e miña nai de outro, ademáis de para levar os nenos á escola, decidiron comprar un 600 de segunda man, modelo por antonomasia de toda unha época que tantas familias tiveron, símbolo da prosperidade máis prematura tra-la transición.
A historia deste coche foi ben curta: estreouno a miña nai para ir á praia cos meus irmáns, pero a sorte quixo que se quedase afundido nun areal. Aínda que o coche estaba intacto, por antollo da miña nai, o coche non voltou a casa.



Ford Escort (anos 1993- 2002):  coche que revelou ao ford fiesta, ou "forito" como lle chamaba meu pai. Coche escollido con auténtica devoción polas miñas irmáns.
Rapaces, comeza a emiterse o Xabarín Club, e nacemos nós, polo tanto unha boa década sen duda.
Inaugúrase o milenio, podería contar algo dende a miña memoria pero aínda me costa.
Por exemplo o Nunca Máis, coa pegatina que sempre tiña no seu maletín o meu profesor de galego, ir á praia e ao voltar, xa como rutina, mirar os pés a ver si esta vez pisara chapapote.
Durante estos años fueron promulgadas numerosas leyes de recalificación del suelo y de costas, por lo que contaba mi abuela, a ellos les perjudicara mucho.



Peugeot 205 (ano 2002): as miñas irmás vánse a estudar a Santiago, sácanse o carnet, ergo, novo coche. Acórdome que vivía con gran ilusión iso de "coche novo", e non foi pequena a miña decepción ao ver este peugeot de segunda man, parecíame vello e horrible, pero bueno, a parte boa era que me levaban a onde eu quería, non como os meus pais... 
Pero era visto, pouco durou con vida en mans de tres rapazas novatas. No desgüace é onde acabou.



Seat Córdoba (anos 2002-2013): como único comentario direi, que odio este coche.
Que vos vou contar que non sepades? É nosa pura realidade, e o que nós xa coñecemos.




miércoles, 3 de abril de 2013

Show Jalisia

Moitas veces utilízase a tradición e costumes galegas para facer cultura galega. Pero esa mezcla, non sempre é boa, e non sempre retrata a realidade. 
A televisión quizáis sexa o medio de comunicación máis accesible e masivo, chega a públicos de tódalas idades e condicións, por igual, e por iso tamén, é perigosa, o seu contido é o perigo.

Un fenómeno, que non sei se reparastes nel, é o da televisión de Galicia. Ata fai pouco era o único canle autonómico, agora coa aparición de novos competidores pola audencia como V televisión, non monopoliza un só canle o público galego. De todas formas, a televisión de Galicia segue a ser a maioritaria, e é por iso é pola que eu a escollo como gran difusor de cultura e ideas que inciden en nós, condicionándonos, aínda que soe un tanto exaxerado.
Pois ben, lóxicamente a temática predominante é de índole galega, tanto sexa pola lingua, costumes, series e emisión de películas de productoras e actores galegos, etc. , polo de agora nada raro nin alarmante... O que a min, me enfurece, me cabrea, me entristece e non remato de entender, é a proliferación de formatos, case sempre cómicos, carentes de inxenio, vacíos, chistes ocos, risas enlatadas, e que aínda por riba, logran encaixar e aferrarse no público tendo éxito. 
A programación ideal reside na variedade, é difícil que unha canle non se dirixa máis hacia un tipo de público, pero neste caso parece que por ser galegos non nos podemos rir de algo que non esté relacionado co sacho, as señoras cargantes e, na miña opinión, moitas veces retratadas de forma insultante e que non encaixan para nada coa realidade. Os protagonistas son sempre pouco avispados, e axilidade mental é inexistente, o que se supón que era o chiste xa se intúe dende o principio da escea. Programas humorísticos que polo medio aparecen concursos sen ningún tipo de fundamento, de vergoña allea. Crean repulsión, atontan.
Debo dicir na súa defensa, que sí teñen momentos de gracia esporádica, de xestos típicamente galegos e característicos das nosas xentes, pero por favor, tamén sabemos rir ou chorar de temas que non sexan tópicos, que parece que en vez de imitarnos eles a nós, os imitamos nós a eles.
O que a min me fai chorar e lamentarme, é do contaxio vírico e infeccioso que sufre a televisión de Galicia con este tipo de formatos. Basta.
Pola contra, baixo o seu cuño están series de gran éxito, serias, que incluso foron copiadas para outras cadeas, e que conseguiron marcar un antes e un despois no público galego, acudindo relixiosamente á súa cita co televisor os días que se emitían. É o caso de Mareas Vivas, que eu a recordo vagamente, pero na miña casa era seguida con devoción, en parte supoño pola vinculacion co mar e o mundo pesqueiro xa que meu avó era percebelleiro, e en certo modo, con situacións da serie coas que se sentían identificados. Esta serie aínda retumba na memoria (non tan pasada) de moita xente. Tamén era verdade que era unha fórmula que fácilmente anticipaba o éxito.
Outra das series "serias" e "respetables", xoia da coroa, é o incombustible Libro de familia: recordos, época, historia, cadro costumista, nostálxico e acolledor...  A Galicia do pasado, esa que tanto gusta e incluso esta apegada a nós como imaxe presente.

Sen duda Padre Casares, sabédelo, fenómeno que encandilou a cadeas de televisión de Andalucía e Murcia. A sorna coa que enmarcan a un pobo que podía ser un escollido ao azar de calquera sitio de Galicia, que se correspondería co parodiado na serie. Rodado aquí preto, en Redes, sinxelo e agradable de ver. Aposto a que se algún de vós vivides no ámbito máis rural, ou ás veces de visita á casa dos avós, vivichedes e sentichedes as señoras e señores de pobo, pero non esas "señoras e señores de pobo" que se parodian nos programas carentes de humor e case burlóns anteriomente citados, senón que éstes son os de verdade, son, son as xentes galegas, as señoras da misa en amistade co párroco, disputas veciñais, cómicas pero non disparatadas, senón verosímiles.
Por último a afamada Matalobos, cunha temática máis escura e menos entrañable, más de Rías Baixas que de Rias Altas, aínda que teño que confesar que creo que cae nun tema fácil, e obvio, do que se pode sacar moito xugo: o narcotráfico. Sen embargo o enfoque é rigoroso, algo telenovelesco nalgunhas tramas, pero non en exceso, para non crear risa en nós ante a irrealidade e a posibilidade de que se lle fosen das mans o asunto policíaco.




Resultado deste cóctel molotóv é este vídeo, resumo a base de imaxes da traxectoria máis recente dunha canle de televisión para un público determinado.







Permitinme o luxo de engadir o Xabarín Club, non como programa detestable ou como programa honorable, senón como programa "retrato" da nosa infancia, toda unha xeración.