sábado, 13 de octubre de 2012

Galicia antes, durante e despois

Que é Galicia? Ou mellor dito, qué é ser galego? 
Todos sabemos que respondemos a uns tópicos, pero no fondo, en maior ou menor medida son certos.
Ser galego é ter sentimento, paixón, emocións que ás veces na nosa Historia empuxounos a loitar, a levantarnos.
Cantos poemas, reivindicativos, se escribiron para alentarnos; e esa reivindicación utilízase como necesidade; temos sede de alzar a nosa voz, sufrindo a eterna subyugación.
E agora? Agora tamén. Agora necesitamos unha Rosalía, un Curros e un Pondal; agora necesitamos Irmandades e xeracións, agora máis que nunca necesitamos unha forte moral, valentía, compromiso, pero ante todo con nós mesmos.
Cando se sinte un galego e porqué? Son preguntas que só poden ser respostadas por cada un.
Pero, e qué conleva hoxe en día selo? Non sentilo, senón selo por natureza.
Que é para España, Galicia?
Galicia é un lugar case "irmandado" cos portugueses, lugar onde chove moito e hai un bo marisco .É un paraíso climático para madrileños e demáis xentes do sur. Galicia é a escravizada imaxe do norte. É vella, é rural, é tradición, é verde, é tranquila.
Galicia non é "typical spanish"; non hay toros, paella nin calor, pero festa... festa sí.
E a ti? Para ti significa unha carga todo isto? Queremos cambiar?
A vergoña do galego sempre mezclada co orgullo, queremos, pero só a medias. Temos unha dualidade innata.
Pero a imaxe que damos non só está rexida polos valores tradicionais nun sentido ideolóxico. Agora, no mes de outubro, tamén podemos "decidir" quen queremos ser no presente. 
Quizás, os candidatos só pensen en conceptos políticos e económicos; pero o seu cargo representa moito máis: é a identificación de Galicia, a representación, e se ante todo tivesen claro isto como primeira responsabilidade, teríamos (teremos) outra consideración a todos os niveles.

1 comentario: