miércoles, 3 de abril de 2013

Show Jalisia

Moitas veces utilízase a tradición e costumes galegas para facer cultura galega. Pero esa mezcla, non sempre é boa, e non sempre retrata a realidade. 
A televisión quizáis sexa o medio de comunicación máis accesible e masivo, chega a públicos de tódalas idades e condicións, por igual, e por iso tamén, é perigosa, o seu contido é o perigo.

Un fenómeno, que non sei se reparastes nel, é o da televisión de Galicia. Ata fai pouco era o único canle autonómico, agora coa aparición de novos competidores pola audencia como V televisión, non monopoliza un só canle o público galego. De todas formas, a televisión de Galicia segue a ser a maioritaria, e é por iso é pola que eu a escollo como gran difusor de cultura e ideas que inciden en nós, condicionándonos, aínda que soe un tanto exaxerado.
Pois ben, lóxicamente a temática predominante é de índole galega, tanto sexa pola lingua, costumes, series e emisión de películas de productoras e actores galegos, etc. , polo de agora nada raro nin alarmante... O que a min, me enfurece, me cabrea, me entristece e non remato de entender, é a proliferación de formatos, case sempre cómicos, carentes de inxenio, vacíos, chistes ocos, risas enlatadas, e que aínda por riba, logran encaixar e aferrarse no público tendo éxito. 
A programación ideal reside na variedade, é difícil que unha canle non se dirixa máis hacia un tipo de público, pero neste caso parece que por ser galegos non nos podemos rir de algo que non esté relacionado co sacho, as señoras cargantes e, na miña opinión, moitas veces retratadas de forma insultante e que non encaixan para nada coa realidade. Os protagonistas son sempre pouco avispados, e axilidade mental é inexistente, o que se supón que era o chiste xa se intúe dende o principio da escea. Programas humorísticos que polo medio aparecen concursos sen ningún tipo de fundamento, de vergoña allea. Crean repulsión, atontan.
Debo dicir na súa defensa, que sí teñen momentos de gracia esporádica, de xestos típicamente galegos e característicos das nosas xentes, pero por favor, tamén sabemos rir ou chorar de temas que non sexan tópicos, que parece que en vez de imitarnos eles a nós, os imitamos nós a eles.
O que a min me fai chorar e lamentarme, é do contaxio vírico e infeccioso que sufre a televisión de Galicia con este tipo de formatos. Basta.
Pola contra, baixo o seu cuño están series de gran éxito, serias, que incluso foron copiadas para outras cadeas, e que conseguiron marcar un antes e un despois no público galego, acudindo relixiosamente á súa cita co televisor os días que se emitían. É o caso de Mareas Vivas, que eu a recordo vagamente, pero na miña casa era seguida con devoción, en parte supoño pola vinculacion co mar e o mundo pesqueiro xa que meu avó era percebelleiro, e en certo modo, con situacións da serie coas que se sentían identificados. Esta serie aínda retumba na memoria (non tan pasada) de moita xente. Tamén era verdade que era unha fórmula que fácilmente anticipaba o éxito.
Outra das series "serias" e "respetables", xoia da coroa, é o incombustible Libro de familia: recordos, época, historia, cadro costumista, nostálxico e acolledor...  A Galicia do pasado, esa que tanto gusta e incluso esta apegada a nós como imaxe presente.

Sen duda Padre Casares, sabédelo, fenómeno que encandilou a cadeas de televisión de Andalucía e Murcia. A sorna coa que enmarcan a un pobo que podía ser un escollido ao azar de calquera sitio de Galicia, que se correspondería co parodiado na serie. Rodado aquí preto, en Redes, sinxelo e agradable de ver. Aposto a que se algún de vós vivides no ámbito máis rural, ou ás veces de visita á casa dos avós, vivichedes e sentichedes as señoras e señores de pobo, pero non esas "señoras e señores de pobo" que se parodian nos programas carentes de humor e case burlóns anteriomente citados, senón que éstes son os de verdade, son, son as xentes galegas, as señoras da misa en amistade co párroco, disputas veciñais, cómicas pero non disparatadas, senón verosímiles.
Por último a afamada Matalobos, cunha temática máis escura e menos entrañable, más de Rías Baixas que de Rias Altas, aínda que teño que confesar que creo que cae nun tema fácil, e obvio, do que se pode sacar moito xugo: o narcotráfico. Sen embargo o enfoque é rigoroso, algo telenovelesco nalgunhas tramas, pero non en exceso, para non crear risa en nós ante a irrealidade e a posibilidade de que se lle fosen das mans o asunto policíaco.




Resultado deste cóctel molotóv é este vídeo, resumo a base de imaxes da traxectoria máis recente dunha canle de televisión para un público determinado.







Permitinme o luxo de engadir o Xabarín Club, non como programa detestable ou como programa honorable, senón como programa "retrato" da nosa infancia, toda unha xeración.

No hay comentarios:

Publicar un comentario