viernes, 17 de mayo de 2013

Unha irónica e equívoca mirada

Ano 1975, acaba a dictadura, pero non o franquismo. ¿Por qué o penso? É sinxelo e curioso ao mesmo tempo.
Eu vivo en Covas dende que nacín, e creo que ao ser un pobo pequeno, é fácil coñecer todos os seus segredos, ben sexa polos meus antepasados como por exemplo os avós, eses que non lles fai falta ir á wikipedia para saber cada detalle do que aconteceu na vila, xa quixeran as enciclopedias virtuais transmitir o que transmiten eles; ou ben sexa por noticias, ou simplememte por observar os restos que aínda quedan, anacos de historia viva, presente.

Gústame traballar sobre temas cercanos a min ou a vós, porque creo que teñen máis interese que se conto cousas sobre Ourense ou Lugo.
O tema que escollín esta vez, ten que ver cos meus recordos (bos case sempre) e cos paseos familiares que solía dar ata o faro de Covas, no cabo Prior, ou mellor dito, "ás baterías", así era como chamábamos a ese paseo. Encantábame porque a paisaxe era preciosa, o mar batía forte e as chorimas resaltaban entre o frío inverno. Pouco a pouco as casas iban desaparecendo, e a estrada facíase máis tortuosa. Unha vez que chegábamos ao faro, eu corría hacia as construccións abandoadas que había alí, dábanme entre medo, respeto e ao mesmo tempo diversión, imaxinando que antes alí vivía xente, pero que xente?.. Non me cabía na cabeza quen se podía ir aló, a un sitio tan apartado do mundo.
Outro recordo tamén bo, era cando iba a casa dos meus outros avós, en Meirás. No camiño recordo un campo onde había uns rapaces facendo exercicio, era un campo extensísimo, despexado, sen ningunha árbore nin impedimento, salvo unhas casas que se vían ao lonxe de onde saían ese rapaces.



O miña seguinte lembranza de "ese campo extensísimo cheo de rapaces facendo exercicio" e que era simplemente un "campo extensísimo", quedando todo abandoado e mal coidado, desolado e triste, xa non me gustaba.
Estaba cansada de oír á miña avoa dicir que antes en Covas había dúas misas unha no cuartelillo, para os homes; e outra na igrexa para o resto da xente. Nunca preguntei que era o cuartelillo e por qué só iban os homes, non me replantei que era extraño. Outra das cousas que saían da boca da miña avoa e que antes había máis coches, máis tráfico: coches, camións, todoterreos, cheos de homes hacia as baterías...

Iso era o que escoitaba, vía, percibía e experimentaba de pequena, cos restos da memoria de persoas, con construccións e percepcións da miña propia e polos restos que quedaron do que foi todo aquilo no meu pobo.
Por iso digo que no ano 1975 acaba a dictadura pero non o franquismo. O franquismo está, aínda repousa en nós, e incluso en min, 30 anos despois deixa os seus posos, seguirá estando se uns nenos que vaían de paseo ás baterías, se imaxinen as persoas que vivían aí e o por qué, seguirá ata que os grafitteiros teñan ruinas onde pintar, seguirá estando sempre e cando eu poida sacar estas imaxes.




Este traballo para min ten unha dobre cara, é dicir, agora creo saber que é o franquismo, de pequena, esa nena que xogaba nos restos militares non tiña nin idea de que era eso do franquismo e do servizo militar que continuou ata o 2002, de ahí os recordos dos "rapaces que facían exercicio", polo tanto é un pouco subxetivo, e chocante; dun modo crítico direi que se deberían tirar os restos inútiles e inútilmente conservados; pola contra direi en recordo da nena que fun, que eses restos deben conservarse, polas miñas lembranzas.

A primeira parte do vídeo, son as mostras do franquismo aínda vivo, a segunda parte pola contra, é unha crítica hacia ese anos tan militarizados, facilítovos a letra:

Todas las mañanas cuando suena la corneta 
me toca levantarme y coger una escopeta, 
escúchame recluta esto no es una escopeta 
es un fusil de asalto y ya me tienes mas que harto. 
Soldadito español olvídate de tu misión y no sufras cara el sol, grita insumisión! 
Dejaste en tu pueblo a unos buenos colegas, 
dejaste a tu vieja y a tu compañera, 
todo esto para terminar entre hipocresía 


y contando tonterías. 

Cuando vayas por el campo no pises las amapolas 

que están regadas con sangre de la infantería española, 

No hay comentarios:

Publicar un comentario