viernes, 22 de marzo de 2013

Estilo propio


Moitas son as veces que paseamos polo centro de Ferrol, perfectamente cuadriculado. Pisamos a Ilustración, século XVIII, a súa estructura, a mente cuadriculada e pulo armamentístico que suporía a constitución dun elemento característico da nosa cidade: estaleiros, o parque de Herrerías e demáis dependencias. Esta faceta de Ferrol está xa máis que coñecida, estudada ata a saciedade nos nosos libros de Historia. 
Sen embargo por esta vez, invítovos a deixar de lado esas historias,e a  respirar o Modernismo que inunda as nosas calles, tristemente pasando inperceptible ante os nosos ollos. Tan só hai que alzar a vista un pouco e descubriredes un novo universo cheo de combinacións de cores pasteis e brancos, xogando coas formas curvadas, adornos e incluso algúns detalles pintorescos como esculturas de caras, grandes ventanais, luminosidade que se abre paradóxicamente a esas rúas que nun primer momento parecen grises e graníticas.
O culpable en gran parte de este fenómeno foi un señor chamado Rodolfo Ucha, figura importante en arquitectura que realmente se descoñece moito. Sabemos que da nome a un centro educativo e pouco menos. Ideou edificios, que a min polo menos, sempre me chamaron a atención do bonito e ao mesmo o extraño da súa apariencia, pero que nunca me molestei en averiguar a súa procedencia, nin historia. Agora paradóxicamente, cando decidín facer esta entrada sobre Rodolfo Ucha, que realmente o vía como unha figura algo aburrida ou con pouca "chicha", resulta que eses edificios que sempre me chaman a atención, son parte da súa traxectoria. Con este descubrimento, descubrín (valga a redundancia) dúas tristes ou bonitas cousas, non o teño claro: o arte está moi, moi preto de nós, cada instante respiramos arte; e que o descoñecemos, e polo tanto case sempre, como consecuencia de esa ignorancia o infravaloramos.
Presento agora a moi grandes rasgos a Rodolfo Ucha Piñeiro: (foto)
En realidade é de orixe vigués, pero se traslada a Ferrol a unha temprana idade.
A súa traxectoria a comezará na Escola de Artes e Oficios de Ferrol, pero acabará cursando Arquitectura en Santiago, e posteriormente de Madrid.
Xa acabada a carreira e intentando asegurarse un bon sitio e reputación en Madrid, establece amistade con Canalejas, como ben sabedes, de orixe ferrolán.
En 1908, alentado por éste último, preséntase á praza de Arquitecto Municipal de Ferrol, chegando a súa influenza ata máis alá de Coruña, xa que era o único arquitecto desta zona.
A seu cargo durou ata 1936, que o deixaría por elección propia.



Temos polo tanto case a totalidade de obras durante estes anos, baixo a súa autoría. Ferrol está tingida das súas huellas, creando case un estilo único imperante durante 30 anos, que evidentemente e inevitablemente, marcaría un antes e un despois na nosa cidade, otorgándolle un estilo propio, que seguirían imitando os posteriores artistas e arquitectos.
Buscando información sobre as obras feitas, encontrei un montón de nomes inservibles para min (e para vós) porque descoñecía onde se ubicaban. así que decidín facelo á inversa: vos presento as fotos que fun sacando, a ver se recoñecedes qué edificio é, ou onde está ubicado. Exame persoal.








Sen embargo as seguintes imaxes non son de Rodolfo Ucha, pero sí que teñen moito que ver: fachadas actuais con reminiscencias do Modernismo, restauradas ou readaptadas, edificios que me parecen de gran beleza que forman parte do meu denominado "estilo propio". Isto é, a arquitectura das rúas ferroláns.






 



                                

                                                   




 











Un bó resumo: http://www.galiciaparaelmundo.com/blog/?page_id=51&recurso_id=4311


Veña, agora xa sabedes como hai que pasear polas calles a partires de agora: mirando un pouco máis cara arriba.



No hay comentarios:

Publicar un comentario