domingo, 3 de marzo de 2013

Santiago city


Santiago de Compostela, sábado 12 da mañá, praza do Obradoiro: a miña esquerda, hostal dos Reis Católicos,  ás miñas espaldas o pazo de Rajoy, e de frente a sempre coñecida catedral. 
En aproximadamente 45 minutos pasan numerosos peregrinos: emocionados, contentos, cansados, excéntricos, espirituais, deportistas... Son un elemento imprescindible dentro do marco compostelano, sen embargo , se nos fixamos ben, se a nosa vista se esforza en os deixalos de lado e reparamos nas outras xentes, é dicir, en estudiantes que cruzan a plaza, señoras e señores, familias e homes traxeados, elementos en sí compostelanos, forman parte do cadro visual desta cidade pero non se repara neles, non nos chaman a atención, identificamos como máis típico de Santiago aos propios extraños, colocados artificiosamente nas rúas desta cidade que aos seus  habitantes, a persoas que forman o día a día, a realidade deste sitio, o entorno que tanto atrae a estas xentes.
Deixo de lado a praza, porque a dicir verdade tamén é un espazo onde abundan máis alemanes, ingleses, franceses, japoneses, andaluces, vascos, madrileños e demáis persoas do mundo adiante que santiagueses.
Polo tanto comezo a andar polas rúas, indo pola calle do Franco, é case imposible camiñar, apártome como podo dos flashes das cámaras, dos bastóns peregrineses, estou rodeada de pequenos establecemos con escaparates cheos de gaitas, tazas con catadrales, camisetas "Estuve en Santiago y me acordé de ti", conchas de vieiras... De tantas degustacións de tartas de Santiago e dulces típicos que me ofrecen ás chicas coa impasible e eterna sonrisa, xa non fai falta que coma. Ao outro lado, unha nécora inmersa en auga, compartindo escaparate cos percebes, é obxecto de deseo duns madrileños. Músicos e "músicos" espárcense pola esta calle en busca da caridade ou xenerosidade dos guiris, fonte de riqueza despilfrradora
Prosigo co meu camiño, é ao final de esa rúa que encerra un mundo aparte, dame a sensación de que fun expulsada a outro mundo: de repente, xa non hay músicas de gaitas e guitarras, xa non hai nécoras, nin "pinchitos" de tarta de Santiago, os camareiros xa non teñen esa amabilidade agotadora e finxida, e as camisetas ya non teñen escritas as etapas do camiño de Santiago.
Son xentes collendo o bus, cargadas con bolsas da compra ou simplemente paseando unha mañá de sábado.
Sigo paseando, vou hacia a Alameda, e a estampa xa é menos precisa, pero segue predominando nenos con pais paseando, decenas de deportistas non perezosos nun mañá soleada de sábado, ancianidade ociosa, noivos tendo como espectadora do seu amor, a catedral, vista entre os frondosos árboles.
Sen embargo sempre encontro algún turista disperso, quizáis huíndo desa pantomima tópica antes vista?
Esa é palabra: o turista, todo para o turista, turismo que enriquece, turismo que dianamiza, turismo que aporta cultura.
Eu iba cunha idea preconcebida, tiña case claro que sonsacaría algunha queixa, a cal costaba que saise da boca dos hosteleros,
Xulgade vós mesmos:








No hay comentarios:

Publicar un comentario