domingo, 13 de enero de 2013

Ferrol no 72


A maioría das veces, e por error, a única vía de coñecemento que se nos impón e presenta, son os libros, documentales, vídeos... Pero que o seu contido ou ideas que intentan transmitir non chegan a afectarnos, polo tanto, non o retemos, non o recordamos.
Creo, ou polo menos no meu caso, que as experiencias, o que vivimos, é o que nos fai aprender, e máis concretamente, unha persoa vale máis que miles de imaxes ou palabras (tan só ás veces).
Isto, non é máis que a presentación para unha persona, que sendo eu pequena e inconsciente de quén era, das súas circunstancias... Me embaucaba como profesor, de 5º y 6º de primaria.
As súas clases eran pura cultura, do máis diverso, e que en cierto modo, voto de menos no instituto. Falta de personalidade nas clases.
Pouco a pouco fun descubrindo que o meu  profe, non só nos ensinaba os versos de Juan Ramón Jiménez, sénón que tamén era unha persoa fóra do colexio, coas súas ideas e loitas.
Pasados uns cantos anos, agora, podo presentar esta historia contada por él mesmo.


No vídeo, pódese ver o testimonio dunha persoa inmersa naquel proceso.
Fai pouco tiven a ocasión de falar con él acerca do acontecido
Agora, pasados os anos, sácanse as conclusións:



 ¿Valeron de algo as mortes de Daniel Niebla e Amador Rey, é dicir, de non ser de esta maneira, a movilización chegaría a ser o que foi?  

 As mortes de  Amador e Daniel forman parte do tráxico saldo dunha dictadura, tras unha guerra civil provocada por un golpe de estado de carácter fascista. Os mortos, durante e despois da guerra, xa durante a "paz", superaron o millón. A Amador e Daniel motounos o réxime franquista, o mesmo que encarcelou e torturou durante case medio século ós demócratas de este país que loitaban polos dereitos humanos máis elementais.

¿Todo isto tivo un efecto inmediato ou máis ben tardío?

 A Constitución Democrática, trala morte do dictador en 1975, aprobouse en 1978. Supoñía un paso de xigante e un compromiso de superación e perfeccionamiento. Hoxe estamos comprobando as súas carencias.

 ¿Participache na dita manifestación, ese 10 de marzo? ¿Qué clima se respiraba? 

 O 10 de marzo eu acababa de salir de comisaría o día anterior, tras dous detencións sucesivas. Volvería a ser detido tralo 10 de marzo e enviado a prisión, durante nove meses, acusado de asociación ilícita e propaganda ilegal .
 Ese día Ferrol entero convertiuse nunha cidade morta. Nadie esperaba semellante crime; pero iso unha ditadura e non outra cousa. O réximen aproveitou para deter e encarcear a tódalas forzas democráticas que se lle oponían: estudiantes, sacerdotes, movemientos feministas, sindicalistas…


¿Cómo era Ferrol do 72?

A  loita polas libedades democráticas, a cuxo frente estaban entón o PC e as  CCOO, aglutinaba a sectores cada vez máis amplos da poboación. Vivíase entre o miedo á represión e a esperanza do trunfo da Democracia. Tratábase dun país sen liberdades nin dereitos que non se resignaba nin aá explotación nin á mordaza.


¿Cómo foi a  túa relación coa realidade franquista, é dicir, qué foi o que che levou a non "someterte" ou "conformarte", con esa realidade?

Todo planteameento teórico demanda unha praxis. Se eres demócrata e no hay democracia senón dictadura, haberá que loitar por conseguila uníndote aos outros loitadores. Eu uninme ao Partido Comunista porque eran a vangarda do antifranquismo.


¿Quen ao teu parecer, foi  a figura máis destacable neste proceso e suceso?

Nunha loita como ésta o Pobo é o protagonista. Citar nomes acaba por convertirse en inxusto e inexacto. Prefiro pensar en "Fuenteovejuna" e o seu  "todos a una" que citar a uns e omitir a outros.

¿De qué maneira che afectou o que pasou?

A miña militancia no PC creo que me axudou a descubrir os valores da solidaridade e da organización como mellor defensa frente á opresión.




No hay comentarios:

Publicar un comentario