sábado, 19 de enero de 2013

Mártires polo mundo

MÁRTIRES DE CANS

Ou ben "mortos de Nebra" son os 5 labregos mortos por tiros da Garda Civil, o 12 de outubro de 1916, debido á participación coa Liga Agraria de Nebra, institución que loitaba contra un imposto que crían inxusto.
Os acontecementos comezan coa reunión dos "debedores", veciños que se negaran a pagar unhas cotas trimestrais que o concello impuxera para facer fronte a unha débeda coa Deputación.
O 2 de abril acórdase levar a cabo unha manifestación, co fin de conseguir a dimisión da corporación municipal.
Ao día seguinte, os veciños agolpáronse frente ao concello, onde estaban as portas pechadas, polo tanto botaron por debaixo da porta o escrito coas súas reivindicacións.
Durante a concentración presentáronse tres parellas da Garda Civil, que cargaron contra os manifestantes.
 Finalmente foron detidas cinco persoas que días despois ingresaron en prisión.
Nos seguintes meses o clima de descontento crecía na vila. O número de axentes da Garda Civil incrementouse, para protección do alcalde.
Pola presión social e manifestacións organizadas, o xuíz decidiu liberalos.
O 12 de outubro convócase outra manifestación, e tras unha serie de altercados de non acordo entre os Gardas Civís e os labregos.
Os Gardas, tiñan a orde de non disparar, máis non fixeron caso, son 30 os feridos, entre eles morren 5.


Escultura en honor aos mártires. Autor: Nogueira



Monumento en honor aos mártires




















MÁRTIRES DE SOBRADO




Tras o proceso desamortizador dos bens eclesiásticos, parte das terras foron subastados publicamente, que foron adquiridas por persoas de gran poder adquisitivo: altos funcionarios, fidalgos... Polo tanto o campesiñado seguía sometido sen que as terras que traballaban fosen deles.
En reacción a isto, xurden movementos agrarios, protagonizadas por veciños.
Exemplo disto é o acontecido en Sobrado-Guillarei, o 27 de novembro de 1922, cando o xuíz e a Garda Civil queren embargar os bens a un dos veciños que non paga os foros.
 Case dúas mil persoas acuden en solidaridade co embargado e a Garda Civil disolve a manifestación a tiros. Cándida Rodríguez, de Pazos de Reis, Joaquín Estévez, de Guillarei, e Venancio González, dirixente agrario de San Esteban de Budiño, morren e outras sete persoas resultaron feridas e moitas detidas.
Prodúcese un gran revuelo en Galicia tanto na rúa  coma nos medios de comunicación, mesmo no Congreso do Deputados en Madrid abrese un debate acerca do sistema foral.
É ainda en 1926, co goberno de Primo de Rivera, cando se promulga a  lei de redencion dos foros, logrando que  os campesiños teñan plena propiedade das terras que viñan cultivando dende había séculos.

Monumento en honor aos mártires.








 MÁRTIRES DE CARRAL

Durante o reinado de Isabel II, e Narváez o presidente do Goberno, e tras a abolición dunha serie de liberdades e dereitos, o 2 de abril de 1846 levantouse en Lugo o batallón mandado polo coronel Miguel Solís, disolvendo o Consello Provincial e a Deputación.
Como resposta, Narváez, envía tropas para frear o alzamento e recuperar o territorio.
O 23 de abril comeza  a batalla de Cacheiras, se embargo a gran superioridade das tropas do goberno fixo inútil a resistencia. 
Solís, coronel ao mando dos sublevados, refuxiouse en San Martiño Pinario, pero entregouse esa mesma tarde.
 Foi xulgado tres días despois en Carral, coa pena de condena xunto cos seus compañeiros.
O seu fusilamento prodúcese no adro da igrexa de Paleo.


Monumento en honor aos mártires













Tumba de Solís

No hay comentarios:

Publicar un comentario